Benvid@!!! Bienvenid@!!!




Presentámosche a tenda especializada en música no casco histórico de Compostela, onde poderás atopar libros de música de diversas materias, orixinais agasallos e artesanías musicais... Sentirás o feitizo eterno da Música...

Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...


viernes, 28 de abril de 2017

Abrimos este sábado pola tarde!!

"Ahí ven o maio de frores cuberto..." 🌷🎶🌼
como o luns é festa abriremos mañá sábado pola tarde de 17 a 20 hrs. bo finde!!

viernes, 21 de abril de 2017

Celebración do Día do Libro!!!

Como este ano o Día do Libro cae en domingo imos facer o 10% de desconto (só en libros) durante esta tarde e tamén mañá sábado, aproveitade que voan!!!


miércoles, 12 de abril de 2017

Recital e conversa con Catalina Vicens, este sábado ás 12h na tenda.

Este ano repetimos cita co ciclo De Lugares e Órganos, que por 2º ano consecutivo se está levando a cabo na Semana Santa de Compostela, será este Sábado pola mañá ás 12 h. na tenda, é a última das citas de "O Órgano sae á rúa".
Nesta ocasión escoitaremos e conversaremos animadamente con Catalina Vicens sobre os instrumentos de tecla.
Estades todos convidados!!
(aforo limitado)



Catalina Vicens está considerada un dos valores máis sólidos do mundo da música antiga e unha das novas promesas das últimas promocións de músicos saídos da Schola Cantorum de Basilea. Nada en Chile, estudou clave en Estados Unidos e Europa, especializándose máis tarde en música medieval, con experiencia tamén no eido da interpretación de repertorios de música contemporánea para instrumentos de tecla históricos.
Catalina será a protagonista do concerto de clausura do domingo 16 co programa RENACERES que terá lugar la Igrexa da Universidade ás 20h.


Horarios de Semana Santa!!

Atentos a los horarios de Semana Santa!! ⏰

Jueves y Viernes Santo: CERRADO
Sábado: ABIERTO de 10:30 a 14*
Domingo: CERRADO

*el sábado a las 12h. habrá un recital-charla en la tienda, aprox. hasta las 13h., durante el cual no podremos atender las ventas, así que si tenéis pensado pasaros ese día a comprar mejor antes de las 12 o después de las 13, muchas gracias!!

Feliz Semana Santa!!!